617353140 - tonarenas@gmail.com

Sobre o escenario bonecos vivos a vista dos ollos contan a sua historia mentras un presentador que os anima con tres técnicas de manipulación distintas dalle un fio estructural o show.

Temos a Antolín o Bailarín que repenica unha canción suspendido desde unha cruceta a ritmo de muiñeira. Coñeceremos ó Veciño perseguindo e vixiando ao can Linquecho a ritmo de manipulación tradicional de guante. E como broche final un Raio The Loubican que xiringa por nos dende o seu trampamtojo teatro trono con ladrido de palleta Napolitana.

A natureza de cada personaxe revélase tal como é neste espectáculo para todos os públicos e para o beneficio de todos os seres, sen trampa nin cartón.

– SINOPSE –

A historia que Antolín O Bailarín lle contara ó Caminante deixouno pensando na calidade das cadeas que venden nas feiras, ó saber que o can Linkecho fora quen de quebrar a súa, despóis de 10 anos preso ó pé da palleira situada a 43ºLN.7ºLO.

O fillo desa liberdade, fruto da unión do can ceibo e da loba que baixou das montañas, é Raio The Loubican, metade lobo metade can, a estrela do noso espectáculo de varietés rural que xunto co Caminante van de praza en praza amosando o seu talento.

– RAIO THE LOUBICAN –

  • Para tódolos públicos, a partir de 3 anos.
  • Exhibición en  exterior e interior (Sala ou Rúa).
  • Duración aprox: 45 min.
  • Espazo escénico, idea e plástica: Mircromina.
  • Espazo sonoro e música: Mircromina, tradicional.
  • Dirección, manipulación e arranxos: Ton Arenas.
  • Asesoramento e detalles: Taller dos Títeres + Claudio.
  • Técnica: títeres de luva, variña e percutidos.
  • Espazo escénico mín: 4m x 3m x 2,5m
  • Luces e son: Por conta propia.
  • Necesidades: Toma de corrente.
Close Menu