617353140 - tonarenas@gmail.com

Mircromina Teatro de Títeres é unha compañía enfocado a o público infantil e familiar, por aquelo de abarcalo todo, creada por Ton Arenas no ano 2010 e asentada no Laboratorio-Taller dos Títeres do Barrio Artesán dos Muiños en Mondoñedo, aberto a visitantes e colaboradores.

A compañía produce íntegramente os seus espectáculos apelando a o humor e a diversión como os elementos indispensables e necesarios para as súas representacións.

Moito me presta actuar e o día que os títeres entraron na miña vida convirtiuse no meu traballo ! Mircromina representa a miña expresión, construida artesanalmente con influencias de aquí e de acolá.

Aprendín o oficio ao tradicional, acompañando o mestre titiriteiro Arturo Peréz, e no 2010 naceu Mircromina co espectáculo “Vacacións no Mar” gracias o que compartín un feixe de funcións nos máis dispares escenarios: dende prados de romerías ata auditorios con bambalinas.

Non todo vai ser actuar, haiche que construir teatriños, pintar escenografías, modelar bonecos, todo elo un delicioso traballo cheo de detalles e razóns que habitualmente contrasto co pintor Mauro Leivas.

Unha gran parte do meu traballo vai cara o tradicional con rutinas, xogos e cancións. A música é fundamental, o ritmo esencial, e gracias a Roberto Sala, os Gaiteiros, as foliadas e a miña pandeireta os bonecos disfrutan dun bo acompañamento.

As veces, cando se me ocurre algo, intento facelo, compóñomo, próboo e antes de facerme demasiadas ilusións móstrollo a Zoila Gulín para asegurarme de que teño algo, é importante que todos os detalles estén ben coidados, lustados, brilantes para que cando esteas actuando podas desaparecer.

Close Menu