Teatro de actor e monicreques con música en directo.
Un tenro e dinámico espectáculo sobre un neno obsesionado coas pantallas que descubre outro xeito de facer as cousas, o da súa avoa.
“Martín Martín” é un divertido e intenso espectáculo de títeres de guante e actor dirixido ao público infantil e familiar que conta como un neno, inmerso no mundo moderno tecnolóxico, entra en contacto con outro xeito de sentir e de facer, o da súa avoa Margarita. Ela é quen de amosarlle o valor da creatividade a través da atención e do traballo propio, regalándolle un lápiz moi especial.
O espectáculo conxuga actores e monicreques. Na escena se presentan os personaxes compostos cuns trazos moi sinxelos que dan paso aos monicreques, nun xogo de planos que lle imprime dinamismo á obra.
Martín probando o caldo da sua avoa Margarita
Martín e o seu pai