Pequenas xoias que nos sumerxen en mundos imposibles interpretadas ca delicadeza propia das obras que buscan ese humor poético e refinado. (Toni Rumbao, www.titeresante.es)
– SINOPSE –
Un espectáculo sen palabras, composto de catro delicadas pezas da vida cotiá: O soño, A pingueira, Historia con frores e O Impo, todas elas conducidas polas mans que poñen, quitan e contan, pois estas son a ialma dos títeres.
– HISTORIAS PARA UNHA MAN –
Para tódolos públicos, a partir de 3 anos.
Exhibición en interior preferentemente, tamen exterior.
Duración aprox: 40 min.
Espazo escénico, idea e plástica: Arturo Pérez e Mauro Leivas.
Espazo sonoro e música: Arturo Pérez.
Dirección e arranxos: Arturo Pérez.
Manipulación: Ton Arenas e Arturo Pérez.
Técnica: Títeres de luva e variña.
Espazo escénico mín: 5m x 3m x 2,5m
Luces e son: Por conta propia.
Necesidades: Toma de corrente.
A poética do movemento nas accións ordinarias
Destaca esta obra pola súa delicadeza e aspiración á hora de conmover ó espectador. Ó prenscindir da palabra, é necesario que todas as accións señan certeras e os movementos dos bonecos moi precisos co fin de transmitir as situacións coas que todos sentímonos identificados, pois este espectáculo fala da forma máis poética de cousas sinxelas que nos pasan a cotío.