Clásico de guante libre e desenfadado que se mira na tradición Punch, Pulcinella e Bululú, para tódolos públicos.
Duración: 45 min.
Dirección e arranxos: Zoila Gulín e Ton Arenas.
Textos, músicas e rutinas: Clásicas e tradicionais.
Sinopse:
Unha oferta laboral, unha colocación de por vida para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posibles. André, o Presidente, Propietario e Presentador do espectáculo busca empregado. ¿A quen non lle interesa? Cromina, despóis de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias. A través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e ata a morte.
Mr Punch, Pulcinella, Barriga Verde, Don Cristóbal, Don Roberto… Cromina, títeres de luva simples, manipulados e absolutamente libres, personifican maravillosamente a dualidade humán, a presión, a loita ou a coalición de contrarios complementarios. Ambos, anxelical e demoníaco, este personaxe acepta tódolos contrarios, mostrándose e ríndose deles a través da farsa, o que leva ó espectador a devolvelo á súa propia dualidade. Con todos estes contrarios loitando en cada un de nós, demostra así a indisociabilidade. No lugar de despreciar o conflicto, actualiza o humor absurdo que xurde do impacto, e logra convertir esta confrontación na fonte propia dun xogo moi cómico. (Fonte: Le pendue)