Ola, aquí Ton, hoxe estou ledo, moito me presta actuar e gracias a Mircromina convirtiuse no meu traballo. Gústaronme sempre as actuacións na rúa e a plástica, cousa que non me apartou de facerme agrónomo e traballar delo, ata que un día os títeres entraron na miña vida.

Aprendín o oficio ao tradicional, do mestre titiriteiro Arturo Peréz a partir do 2005, e no 2010 naceu o meu espectáculo “Vacacións no Mar” co que compartín un feixe de funcións nos máis dispares escenarios: dende prados de romerías ata auditorios con bambalinas. Despóis chegou o difunto “Ventura Arnal Cego Casual”; máis tarde o adolescente “Martín Martín”; por sorpresa o imponente “Raio”; recentemente “Gyrovagus” e agora xa lle estou dando voltas a…

Non todo vai ser actuar, haiche que construir teatriños, pintar escenografías, modelar bonecos, todo elo un delicioso traballo cheo de detalles e razóns que habitualmente contrasto co pintor Mauro Leivas.

Unha gran parte do meu traballo vai cara o tradicional con rutinas, xogos e cancións. A música é fundamental, o ritmo esencial, e gracias a Roberto Sala, os Gaiteiros, as foliadas e a miña pandeireta os bonecos disfrutan dun bo acompañamento.

As veces, cando se me ocurre algo, intento facelo, compóñomo, próboo e antes de facerme demasiadas ilusións móstrollo a Zoila Gulín para asegurarme de que teño algo, é importante que todos os detalles estén ben coidados, lustados, brillantes para que cando esteas actuando podas desaparecer.

Mircromina representa a miña visión e expresión, construida artesanalmente co tempo necesario e multitude de influencias de aquí e de acolá.  Ton Arenas, enxeñeiro e titiriteiro nado en Córdoba no 77.

Close Menu