617353140 - tonarenas@gmail.com

Raio the Loubican, mitade lobo mitade can é un divertido e interactivo espectáculo de títeres no que un can faise coa atención de toda a platea contando a sua historia con música en directo, presentador e 3 técnicas de monicreques na proporción xusta como para sorprender e divertir por igual a maiores e crianzas.

– SINOPSE –

Duas historias mexturadas que confluen no mesmo punto. O Gyrovago cansado de dar voltas chega a unha taberna donde escoita a historia dun can preso ceibado por unha loba. Na súa travesía polo monte atopa a Raio, fillo da liberdade, e ambos sinten amor a primeira vista. A partir deste momento as súas vidas quedan ligadas para sempre. Se tes sorte, pode que chegues a disfrutar do seu espectáculo !  

– RAIO THE LOUBICAN –

  • Para tódolos públicos, a partir de 3 anos.
  • Exhibición en  exterior e interior (Sala ou Rúa).
  • Duración aprox: 45 min.
  • Espazo escénico, idea e plástica: Mircromina.
  • Espazo sonoro e música: Mircromina, tradicional.
  • Dirección, manipulación e arranxos: Ton Arenas.
  • Asesoramento e detalles: Taller dos Títeres + Claudio.
  • Técnica: títeres de luva, variña e percutidos.
  • Espazo escénico mín: 4m x 3m x 2,5m
  • Luces e son: Por conta propia.
  • Necesidades: Toma de corrente.
Close Menu